Elderan, príncipe de Leyva


“¿Como comienzan las historias?, siempre hay alguien que cuenta y alguien que escucha. Si no, se pierden en el viento”…

Así comeza  Elderan , Príncipe de Leyva, o primeiro libro dunha saga da escritora lucense Iria Tuñas Pernas dentro do xénero epíco-ficción. Ao ser esta a primeira novela dunha serie podería tomarse coma á introducción da mesma na que se presentan os personaxes, e as historias  introdúcense dentro da trama principal o que facilita coñecelos e comprender mellor o seu papel de xeito que ao final do libro o lector pode quedar coa sensación de que a historia quedou interrumpida. Os capítlus non son moi longos e están estruturados de xeito que presentan as historias dos diferentes personaxes secundarios que van aparecendo coa do personaxe principal.

Elderan é un mozo Eyry que aínda non cumpriu a maioría de idade e é enviado polo seu malvado tío usurpador do trono de Leyva ao bosque de Terennya en busca do froito prohibido, para iso contará coa axuda dos seus inseparables compañeiros de Ishtor, Sombra, Oroc, Nessa e Vel nuha viaxe de crecemento persoal na que tomará conciencia de vagar das súas capacidades e da importancia da súa misión.

A ter en conta:

Usa unidades de medida e de tempo, así como algunhas expresións nas linguas dos personaxes que resultan confusas. Fundamental, referente a isto, coñecer algunhas delas: Un Deyisth é igual á cantidade de camiño que podes percorrer durante un día enteiro, desde que sae o sol ata que volve saír trala noite. Por iso non ten un número exacto, porque cada persoa é capaz de andar máis ou menos que outra. De todos os xeitos, equivale nun máis ou menos a un día, desde que sae o sol ata que se pon. Helyion = ciclo de estacións Korgch- kori =singular e plural de «quilómetro» en lingua djaboc Hellw enn etwas = que tal? 

Un libro moi recomendable para ler e gozar en calquera momento.