Por que Iwo Jima?
Iwo Jima significa “Illa de azufre” trátase dun territorio de 21 km², con 8 km de distancia máxima entre os seus extremos e só 4,5 km de costa a costa pola súa parte máis ancha. Era un punto estratéxico para os americanos xa que estaba a medio camiño entre as illas Marianas (Saipán, Tinián e Guam), que acababan de conquistar, e o Xapón. Precisábana para realizar bombardeos sobre o país nipón con cobertura de cazas, xa que os P-51 americanos non tiñan autonomía suficiente para cubrir os bombardeiros B-29 e logo volver a salvo e tamén para aterraxes de emerxencia, de feito dende as súas bases nas Marianas a 5.560 kilómetros do obxetivo, os B-29 únicamente tiñan carburante para levar 3 toneladas de bombas das 10 toneladas que permitía a súa capacidade, provocaban danos mínimos a costa de pérdas enormes en aparatos. Iwo Jima tamén contaba cun moderno sistema de radar que permitía aos xaponeses avisar a Tokio con antelación a un bombardeo americano o que era un punto a ter en conta.
O seu principal problema no era o illamento senón a escaseza de auga, xa que só se abastecía naturalmente con auga de choiva. Isto fixo supoñer aos americanos que a guarnición que os xaponeses poderían manter na illa sería dun máximo de doce mil homes (cando en realidade era o dobre, uns vintedousmil) feito que supuxo un erro con graves consecuencias para os americanos.
A batalla:
Como unidade de desembarco participaría o V Corpo Anfibio do xeneral Harry Schmidt para desembarcar ás 3ª, 4ª y 5ª Divisións de Marines.
O 19 de febrero de 1945 comezou o desembarco na illa tras dun intenso bombardeo o día anterior. Os xaponeses agardaron unha hora, ata as dez da mañá aproximadamente antes de abrir fogo para asegurarse de que a praia estivera o máis chea posible e causar o máximo número de baixas. Os marines avanzaron lentamente debido ao intenso fogo ao que se viran sometidos e á cinsa volcánica que lles impedía desplazarse con rapidez. Despois de tomar a primeira pista de aterraxe e o Suribachi, o primeiro B-29 aterrou o 4 de Marzo baixo fogo inimigo e inda que a illa foi declarada segura o 16 de Marzo, produxéronse ataques en datas posteriores. Ata finais de marzo produxéronse cruentos enfrontamentos coma os da cota 382 e a zona chamada polos marines “meatgrinder” ou picadora de carne así coma a posición “gorge” o último bastión xaponés onde se retirou o xeneral Kuribayashi para resistir ata o final. O último enfrontamento, sucedido na noite do 25 de Marzo, foi asestado por un grupo de 300 homes. Morreron todos os xaponeses, pero mataron a 53 americanos e feriron a 120 máis.
Despois de máis de un mes de combates, morreron 21.570 xaponeses, tanto por combate directo como por suicidio ritual. Só 216 foron feitos prisioneiros. Os americanos sufriron 26.038 baixas, entre as cales se contaron 6.821 mortos en combate e foi a única batalla onde as baixas americanas superaron ás xaponesas.
¿Por que se cambiou a bandeira?
O Tenente Coronel Chandler Johnson, comandante del 2do Batallón del Cuerpo de Infantería de Marina ordeara ao Tenente Harold Schrier que se tomaba a cima coa súa patrulla colocara a bandeira. A patrulla chegou ata a cima ergueu a bandeira, sendo plasmado ese primer momento por Louis R. Lowery, un fotógrafo da revista Leatherneck. Saen na foto: Harold G. Schrier co sarxento Ernest I. Thomas, Jr. (ambolos dous sentados), soldado raso James Michels ( primer plano con carabina M1), sarxento Henry O. Hansen (de pé, con gorra), cabo Charles W. Lindberg (de pé, á dereita). Esta bandeira orixinal, de 1,37 por 0,71 metros, non resultaba visible a máis dunha milla de distancia e pouco despois, o Secretario de Mariña, James Forrestal, pediu que lle entregaran aquela bandeira coma recordo. A segunda foi collida a bordo do buque de desembarco 779 polo Alférez Ted Tuttle e levada ata a cima do monte polo soldado mensaxeiro Rene Gagnon, quen logo participou no seu erguemento. Medía 2,44 por 1,42 metros. Tales dimensións fixeron posible que fose vista dende calquer punto da illa.
¿ Quenes ergueron a segunda bandeira?
Foron o cabo de marines Harlon Block, o marine Franklin Sousley, o sarxento de marines Mike Strank( todos eles morrerían antes da fin da batalla), o enfermeiro de mariña: John «doc» Bradley e os marines Rene Gagnon e Ira Hayes.
Estes tres homes fixéronse moi famosos e recadaron cartos para axudar a gañar a guerra a través dunha campaña organizada polo goberno americano; inda que cando remataron a xira, a guerra xa terminara sendo esquecidos pouco despois. O uso publicitario dos superviventes, e o rápido esquecemento dos mortos na batalla, centran a o argumento crítico da pelicuula dirixida por Clint Eastwood “Banderas de nuestros padres”
“ Hay muchos imbéciles que creen saber lo que es la guerra, sobre todo aquellos que no han estado en una. Nos gustan las cosas bien claritas. Buenos y malos. Héroes y villanos, de eso siempre hay pero la mayoría de las veces no son los que nosotros creemos”
“Muchos de los que conocí no hablan nunca de lo que pasó allí, probablemente porque todavía intentan olvidarlo, pero desde luego no se consideran unos héroes. Murieron sin gloria. Nadie les sacó una foto. Sólo sus compañeros saben lo que hicieron. Les conté a sús familias que murieron por su patria, pero no sé si realmente fue así. Se sacaron muchas fotos más aquel día pero ninguna que la gente quisiera ver. Lo que vemos o hacemos en la guerra, la crueldad, es increíble. Pero tenemos que darle un sentido a todo eso y para ello necesitamos una verdad fácil de entender y muy pocas palabras. Y si consigues una foto, sí, con la imagen adecuada, puedes ganar o perder una guerra.”
Unha das esceas que máis simbolizan o sentir da película e que menos chaman a atención é esa na que un marine cae pola borda dun buque de transporte cando están chegando á illa e despois dunhas risas algúns dos protagonistas decátanse de que non van parar a recollélo e un deles, o que interpreta Jamie Bell, “Iggy”, di “ no decían que nunca nos dejarían atrás”. Tamén esas esceas nas que doc escoita o berro “Enfermero!!” coma unha metáfora de tódos os traumas e do que lles tocaría sufrir aos superviventes.
¿Por que a segunda foto foi a máis famosa?
Sinxelamente porque esta segunda imaxe é moito máis expresiva que a primeira de Lowery. Se a isto lle unimos que a fotografía de Rosenthal publicouse moito antes que a de Lowery , nun tempo record para a época (17 horas e media), pódese entender que a imaxe da primeira bandeira, inda que fora a orixinal, quedara no esquecememto.
A película tamén se centra na manipulación á que foron sometidos os tres marines que sobreviviron á batalla por parte do seu goberno para exprimir a súa popularidade ao máximo sen ter en conta as repercusións persoais que poderia ter neles opara máis tarde cando terminou a guerra ser esquecidos.
¿ Quen tomou a foto?
Joseph John Rosenthal, «Joe» (1911-2006) o 23 de febrero de 1945, cinco días despois do desembarco. Baixo o titulo «Raising the flag on Iwo Jima»( erguendo a bandeira de Iwo Jima), a foto gañou premio Pulitzer de ese ano. Rosenthal traballaba para Associated Press. A imaxe foi tomada cunha Graflex Speed Graphic Anniversary, para placas de 4×5 pulgadas, e un obxcetivo Kodak Ektar 127mm f/4.7. Este foi sincronizado entre f/8 y f/11, para una velocidad de 1/400s.
Cando o grupo coa segunda bandeira comenzou a ascender o monte, foi seguido polo cámara da Infantería de Marina Bill Genaust e varios fotógrafos, entre eles Joe Rosenthal, A metade de camino cruzáronse con algunos integrantes da primei ra partida en descenso, entre eles Low Lowery, quen non volveu á cima porque a súa cámara rompérase dun golpe durante la baixada. Unha vez na cima todo foi rápido: baixóuse a primeira bandeira e colocouse a outra. Afortunadamente para a historia, o sarxento Bill Genaust filmóu a escea ao lado de Rosenthal, ao punto de que un dos fotogramas prácticamente coincide co de Joe Rosenthal.
Para asegurar a publicación, Rosenthal tomou tres fotografías do evento.A primeira foi a famosa dos marines erguendo a bandeira, a segunda mostra catro marines asegurádoa, e a terceira mostra ao grupo compleo posando xunto a ela.