Unbroken


Unha pelicula que non  te convence moito antes de vela; que non aprecias o suficiente mentres a estás a ver pero que unha vez rematada golpéache con toda a súa forza ata que só podes pensar no boa que é. A modo de flashbacks, vai mezclando o presente e o pasado de Louis Zamperini, un xoven atleta olimpico dos U.S.A de 1500 e 5.000 m que loita na Segunda Guerra mundial a bordo dun bombardeiro B-24 “Liberator”. As esceas do bombardeo iniciais poden levar a engano xa que son as de máis accíon da película e o que soe saír no trailes, coma se a directora, Angelina Jolie, que fai un magnífico traballo por certo, tentase enganchar con iso ao espectador sabendo que o resto da película vai ter un ritmo bastante lento. Esa escea inicial do intento de pechar as comportas das bombas avariadas do avión e a aterraxe forzosa é o máis semellante a unha peli de guerra que ten. A escea do estadio olímpico de Berlín é impresionante e nela móstrase a extremadamente rápida última volta de Zamperini de 56 seg, na final dos 5000 m e a amaraxe forzosa tamén. As peripecias que o protagonista viviu a continuación rozan o incrible, coma o de estar 47 dias á deriva no Pacífico. Ou o límite da resistencia humana coma cando é golpeado por todos os prisioneiros do campo inda que seguramente a realidade superará amplamente á ficción. Interesante o actor xaponés que fai de malo, o sarxento Watanabe, porque interpreta tan ben o papel que semella que é a súa natureza, a súa personalidade. Esperta  carraxe.

Destacable tamén o efecto de perda de peso dos actores principais cando estan á deriva e os tiburóns animatrónicos que dan uns bos sustos. A escea máis “Hollywoodiense” pode ser cando Zamperini é obrigado cruelmente polo sarxento Watanabe a erguer un madeiro extremadamente pesado para unha persoa no seu estado físico por enriba da cabeza baixo ameaza de matalo se non é quen de facelo e Zamperini non só é quen de erguelo senón que que pode levantalo por enriba da cabeza nunha especie de éxtase de superforza que demostra a súa natureza competitiva  e a súa capacidade de sufrimento. Supoño que a situación real serí moito máis ridícula  e menos heroica.

Unha boa película.Recomendable

Cita de película en galego: Pulp Fiction


 

«Vouche dicir o que pasará… vou chamar un par de negratas ben fumados armados cun soprete e máis cunhas pinzas para que veñan fozar neste maricallo… Estásme oíndo?, pailán de merda!!!… vouche crucificar o pandeiro…» Marcellus Wallace.

«Tranquilos cabaleiros, non empecemos a chuparno-las pirolas aínda» Señor lobo.

«Levei este anaco de metal metido no cú dous anos» Capitán Koons

«Vas pra a casa, casca-la pera e morreu o conto» Vincent Vega

«O de sempre, dous mexicanos moi ben vestidos e medio peneques» Esmarelda Villalobos