Biografía do coronel alemán Hans Von Luck (Flensburg 1911). Oficial de blindados durante a Segunda Guerra mundial condecorado coa cruz de cabaleiro. Narra as súas experiencias na maioría das frontes, dende as dúas guerras relámpago nas que rendiron Polonia e ocuparon Francia, ata a invasión de Rusia sendo trasladado a esta fronte, pasando despoiss ao escenario do Norte de África reclamado polo propio Rommel ata a súa actuación durante o día D e a súa posterior captura e presidio durante cinco anos en varios “gulags” do Cáucaso e de Ucraína.
Acompañado sempre polo seu Mercedes Sk compressor cabriole que lle faría bo servizo e no que percorreu case mil kilómetros dende Rusia ata Alemaña entre outros percorridos ata que foi capturado polos ingleses na súa casa natal en Alemaña e pola súa inesgotable reserva de café que lle permitía socializarse e facer felices a moitos dos que se atopaba xa que o café era un artigo de luxo. Von Luck presenta de forma bastante clara e personal, utilizando un estilo que podería calificar de lixeiro e entretido, xa que non se centra con moita extenisón nas operación bélicas en sí, como podería ser nunca obra escrita por un historiador a modo de ensaio do estilo de Antony Beevor (sen restarlle méritos a este historiador) centrándose máis en experiencias e vivencias como a primeira vez que mata a un inimigo na afronte oriental; a súa relación con Erwin Rommel ao que tiña coma mestre e case coma un pai; as súas experiencias no Norte de África cos beduinos no oásis de Siwa e a súa retirada desta fronte por Túnez no 21 exército panzer co sentimento de estar sendo traizoados polo alto mando (perderon 130.000 homes experimentados máis tamques e equipo) e como o uniforme alemán de corte demasiado “prusiano” segundo o propio Von Luck era tremendamete incómodo e inútil e que o que tiñan que facer os soldados alemáns era utilizar as guerreiras dos italianos moito mellor adaptadas ao clima do deserto. Tamén relata nesta parte da biografía as súas primeiras experiencias coa “fada morgana”, os espexismos do deserto. Da súa viaxe a “guarida do lobo” para entrevistarse co mesmísimo Hitler co seu uniforme inda polvorento para tentar facer un último intento de convencer ao alto mando de enviar mías medios aos homes que loitaban no Norte de África, encontro que nunca se produciría. O seu traslado ao muro do Atlántico e a súa actuación durante o día D sendo a súa unidade unha das primeiras en entablar combate cos ingleses que tomaran a ponte Pegaso na madrugada do dia-D.
Un home que viviu una existencia moi interesante e foi respectado polos inimigos que lle adicaron un obituario no diario británico “The Times” co gallo da súa morte o 1 de agosto de 1997.