
Cunha fotografía decolorada que reflexa o sentir dos soldados xaponeses acantonados na illa, case sen reservas de auga e sen esperanza de sair con vida da batalla e cun argumento máis lineal cá súa xemelga “Banderas de nuestros padres”.
Se por algo destacaba Iwo Jima é que fora convertida nunha fortaleza inexpugnable. Por toda a illa se levantaron fortificacións, búnkers, casamatas e todo tipo de obstáculos. Barréronse con artillería as partes máis vulnerables, mentres que os barrancos e gargantas se convertiron en trampas. Tambén se minaron todos os camiños por onde os tanques pudiesen circular. Baixo o chan agacháronse infinidade de complexos de galerías e túneles preparados para a defensa armada e as mboscadas, una auténtica cudade subterránea. Cada greta e recodo do Monte Suribachi foi convertido nunha barreira natural con ametralladoras e canóns. Como non había auga doce improvisáronse pozos para nutrirse da auga da chuvia. A construcción humana máis chamativa eran os tres aeroportos que convertían aquela rocha en apeteciblemente estratéxica, eran os siguintes: o Aeródromo Nº1 xunto ao Monte Suribachi, o Aeródromo Nº2 no centro da illa e o Aeródromo Nº3 na vertente centro-norte.
Estratexia dos xaponeses:
Os americanos tamén ignoraban que o oficial ao mando da illa, o Tenente Xeneral Tadamichi Kuribayashi, ideara un enxeñosos sistema de defensa baseado en túneles, búnkeres e niños de ametralladora no que quince mil homes cavaron durante os sete meses anteriores o que lles permitía atacar e replegarse rápidamente. Baixo o chan agachábanse infinitos complexos de galerías e túneles preparados para a defensa armada e a supervivencia, una auténtica cidade subterránea. Todo o Monte Suribachi foi convertido nunha barreira natural con buratos e niños de ametralladoras e canóns apuntando ao mar. A construcción humana más chamativa eran os tres aeroportos que convertían aquela roca en apeteciblemente estratéxica: o Aeródromo Nº1 xunto ao Monte Suribachi, o Aeródromo Nº2 no centro da illa e o Aeródromo Nº3 na vertente centro-norte.

Tenente Xeneral Tadamichui Kuribayashi
Tamadachi Kuribayashi era un gran xeneral que se educara en Estados Unidos e fora s membro da Garda do Palacio Imperial do Emperador Hiro-Hito. A súa experiencia dicíalle que ía a dar bó resultado a táctica contra os americanos, consistente en sustituir as cargas “Banzai” por resistencias suicidas en buratos, covas e trincheiras, é dicir, a guerrilla.
Kuribayashi tíña claro que non gañaría a batalla, pero o seu obxectivo non era ese, senón producir o máximo número posible de baixas nos americanos para que estes entendesen o caro que lles custaría invadir chan xaponés. A idea era facer pensar aos aliados que terían que matar ata o último xaponés para conquistar o Imperio.

A película utiliza unha fotografía descolorida agás no vermello da sangue e da bandeira xaponesa para levar ao espectador ao desolado escenario a batalla, no que os soldados xaponeses estaban illados en túneles, sen auga e sabendo que seguramente acabarían morrendo sen remedio. Esta sensacíon claustrofóbica ráchase coas lembranzas e as historias de Kuribayashi, (Ken Watanabe), e as demais personaxes que plasman nas súas cartas e que supoñen outro elemento importante do argumento xa que actúan coma pontes mediante as que os soldados manteñen os seu vínculo co mundo exterior. As personaxes son contradictorias, as do honorable xeneral Kuribayasshi e o vitalista e campión olímpico barón Nishi ao asustado panadeiro Saigo, verdadeiro vínculo argumental de todas as personaxes mediante o cal identifícase a necesidade de vivir do ser humano máis aló das circunstancias bélicas plantexandose que sentido ten todo aquilo, e que permite gardar todas esas cartas dos soldados poidan chegar aos nosos dias e o seu sufrimento non quede no esquecemento. A súa frase do principio da película «Esta isla no tiene nada de sagrada, por mí que se la queden los norteamericanos» resume prefectamente a súa esencia. Así coma o fanático tentente Ito, que tras tentar inmolarse sen éxito é capturado sen resistencia polos americanos.
As esceas de combate, as do desembarco e do suicido mediante granadas resultan espeluznantes, mézclanse coas das propias loitas persoais dos protagonistas entre a súa vida e o seu deber e coma gracias á visión que ofrecen as lembranzas e recordos das súas vidas anteriores podemos comprender o xeito que cada un deles ten de afrontar esas circunstancias tan brutais e entender a mensaxe dos efectos que ten a guerra nos seres humanos, a crítica ao sensentido de matrase uns aos outros asi como o feito de que todos temos os mesmos medos e a mesma morriña do fogar inda que vistamos diferentes uniformes.
Moi recomendable. ( a min gústame máis que»banderas de nuestros padres»)