
Xa sei que me poño moi repunantiño con isto das tradución dos títulos, pero é que a película titulase «Crawl» que se traduce coma «gatexar», supoño que «infierno bajo el agua» quedaría moito máis dramático e comercial, ben es tras desta disertación se cabe bastante ociosa imos coa opinión subxectiva.
Crawl é unha película para pasar o rato, punto e cumpre bastante ben o seu cometido, pode que co paso dos anos se converta nun clásico do xénero pero dúbidoo. O seu argumento comeza a estar xa un pouco reseso, por un fenómeno natural, unhas enchentes, unha rapaza volve á casa do seu pai en Florida porque sospeita que lle ocorreu algo e cando chega, tras pasálas putas con dificultades atopa ao seu pai atrapado polo ataque de varios caimáns de cinco metros que pretenden papálo todo culminado cun final que che deixa, coma dirían os manchegos «con el culo torcido».
As personaxes principais son dúas, e sálvanse polas interpretacións dos actores Barry Pepper que interpreta con carisma ao pai da rapaza, un fracasado borachuzas e Kaya Scodelario unha estudante universitaria que perdeu a confianza nas súas aptitudes para a natación máis unha serie de secundarios creados única e exclusivamente para ser papados polos caimáns.
O punto forte da película son os efectos visuais que resultan ben espectaculares sobre todo a partires da metade da metraxe.
En conclusión, unha boa película para pasar o rato, entreterse e esquecerse de todo por un tempiño pero non agardedes unha peza maxistral do sétimo arte.
Recomendable.