A ver, Sanxenxo é unha vila mariñeira pontevedresa famosa polas súas espectaculares praias, o caso é que «Sanjenjo» coma moitos na TVE din, tamén teño escoitado «Ginzo de Limia», «Piedrafita del Cebrero», «Puertomarín»,etc… segue soando raro inda que o dicionario da R.A.E acéptao coma un termo válido.
Hai dúas leis, a primeira, de Normalización Lingüística galega, aprobada polo Parlamento Galego en 1983 establece que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega (nin Arosa, Rianjo, Mellid, etc…). A segunda, a Lei 2/1998 do 3 de marzo estableceu que únicamente o nome oficial das provincias de «La Coruña» y «Orense» pasaba a ser A Coruña e Ourense.
No caso de Sanxenxo, o termo correcto en castelán sería «San Ginés», en referencia ao santo francés da Idade media «Gens», en galego «Xenxo» , «Xens» ou «Xés» polo que «Sangenjo» é unha castelanización dese termo en galego que xa era utilizada no século XIX debido a que no idioma Galaico-portugués, fónéticamente o «g» e a «j» pronunciábanse coma «x » e a que en castelán non existe o fonema «sh».
Pódese dicir «Sangenjo»? sí, trátase dun exónimo, é dicir, unha adecuación da grafía e da pronunciación dun topónimo estranxeiro, pero só se falas en castelán, xa que en galego o topónimo oficial é «Sanxenxo». Se lle dis «Sangenjo» a un galego pódeche poñer mala cara porque primeiro soa «raro» e segundo pode lembrar a tempos de tricornio e pandereta.
Muy gallego eso de «marcho, que teño que marchar». jajajaj. Salud.
Me gustaLe gusta a 1 persona
Hay que «galleguizar» el mundo 😉
Me gustaMe gusta
Dice mi anano nostálgico con bigote que se dice San Campechano, y que vivan el orden y la ley también.
Me gustaLe gusta a 1 persona
Os ananos son anarquistas. Viva la anarquía!
Me gustaLe gusta a 1 persona